Death Stranding chega por sorpresa a Xbox Series X|S
xoves, 7 de novembro do 2024
En 2019 chegou a PlayStation 4 o xogo de Hideo Kojima Death Stranding, cunha exclusividade temporal que provocou que a súa versión para PC non chegase até o verán de 2020, adaptándose a PS5 en 2021 e chegando a dispositivos e equipos de Apple en 2024. E agora, sen mediar anuncio previo, Death Stranding: Director’s Cut estréase en Xbox Series X|S e Amazon Luna, chegando asà a practicamente calquera dos xogadores que querÃa gozar desta experiencia de xogo orixinal e rechamante, de deixou unha fonda pegada, e que vai contar cunha secuela o ano que vén (que unha vez máis chegará en primicia para as consolas de Sony).
Agora non só podemos gozar do videoxogo que nos sitúa nun futuro distópico en consolas de videoxogos, ordenadores persoais e dispositivos móbiles de Apple, senón que tamén está dispoñible en streaming, tanto a través da plataforma de xogo na nube de Microsoft como a de Amazon.
Para gozar do xogo a través de Amazon Luna é preciso facerse cunha subscrición a Luna+ que ten un prezo de 9,99 euros/mes (e inclúe máis dun cento de xogos), mentres que a versión para Xbox Series X|S (que tamén pode xogarse en Windows) está a un prezo de lanzamento de 19,99 euros, converténdose nun tÃtulo moi accesible.
A chegada deste tÃtulo de Kojima Productions a cada vez máis plataformas facilita que estea accesible a un público maior, xerando interese para a súa secuela, Death Stranding 2: On The Beach, asà como para a adaptación en forma de pelÃcula que están a realizar da primeira entrega.