Deatchmatch Village será o primeiro MOBA Free-to-Play para PS3 e PS Vita

martes, 19 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Os xogo tipo MOBA (area de combate multi xogador en liña) achéganse á PlayStation 3 e PS Vita grazas a Bloober Team, estudo que está a desenvolver Deatchmatch Village, xogo de balde que no que poderase competir en batallas dinámicas de 3 contra 3, con opcións Cross Play e Cross Save (de xeito que os usuarios de PS3 e PS Vita poderán competir entre si, ou saltar dunha consola a outra sen problemas) e cunha estética moi orixinal e divertida da que poderá gozarse en breve, pois van comezar a súa fase de probas pechada (os interesados en participar poden contactar por e-mail cos seus desenvolvedores).
Este MOBA Free-to-Play non será o típico xogo de acción futurista ou de fantasía medieval, senón que destaca por unha ambientación máis pailana, empregando un burro como acompañante e tendo que capturar porcos, conservando as típicas mecánicas dos xogos deste tipo, equipándose con multitude de armas, subindo de nivel e personalizando a aparencia do noso rústico protagonista.

A proposta rústica de Deathmatch Village non é moi habitual nun MOBA

PUBLICIDADE