Dead or Alive 5: Last Round verá a luz en febreiro

xoves, 23 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Tecmo Koei confirmou que o 20 de febreiro de 2015 as consolas PS3, PS4, Xbox 360 e Xbox One recibirán o xogo de loita Dead or Alive 5: Last Round, a última revisión deste popular xogo que recibe unha grande mellora gráfica e amplía as posibilidades de personalización da vestimenta dos personaxes. Os personaxes desbloqueados, os traxes e os progresos no modo historia de Dead or Alive 5 Ultimate poderanse trasladar ao novo xogo sen cargo adiciona, mentres que os usuarios que reserven a edición física do xogo recibirán contido descargable adicional de balde.
O xogo tamén contará cunha versión Core Fighters, que permite xogar de balde con Ayana, Hayate, Kasumi e Ryu en case todos os modos de xogo, podendo desbloquear características e loitadores adicionais mediante pagamento, fórmula aínda pouco explotada neste xénero.


Trailer de presentación de Dead or Alive 5: Last Round

PUBLICIDADE