Dead of Alive 6 estrea versión de balde
venres, 15 de marzo do 2019
O mes comezou co lanzamento do xogo de loita Dear or Alive 6, que
para chegar a unha maior base de xogadores estreou hoxe a súa edición free-to-play coñecida como Dead or Alive 6: Core Fighters, que
podemos descargar
de balde para Xbox One, PlayStation
4 e PC,
para asà gozar dos modos principais modos de xogo (agás o modo historia) e de 4
loitadores (Kasumi, Bass, Hitomi e Diego) de xeito que se queremos desbloquear
ao resto de personaxes e do modo historia será preciso adquirir eses contidos
por separado en formato descargable.
Temos asà un xeito ideal de introducirnos nun xogo de loita moito máis completo
e profundo do que moitos poderÃan pensar, que ofrece unha experiencia cunha
personalidade de seu, que satisfará a moitos amantes deste xénero, que en moitas
ocasións, tras o petisco que ofrece esta versión de balde quererán probar o
xogo completo que até o mes de xuño recibirá novos contidos a través do seu
correspondente pase de tempada.
- Diego é un dos novos personaxes de Dead or Alive 6 que está incluÃndo no conxunto de loitadores de balde
Tráiler de lanzamento de Dead of Alive 6: Core Fighters