Dead Rising 3 recibirá unha actualización de 13 Gb

luns, 20 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O xogo Dead Rising 3, exclusivo para Xbox One, recibirá mañá unha importante actualización que incorporará o episodio descargable Operation Broken Eagle, de xeito que o que debería ser un parche para arranxar problemas de estabilidade e rendemento do xogo converterase nunha das meirandes actualizacións da historia dos videoxogos posto que ocupará uns impresionantes 13 Gb, o que estaría preto do dobre do que ocupa un xogo medio de Xbox 360.
Este tipo de actualizacións está a suscitar certo debate sobre o que deben ser as actualizacións dos títulos para consolas de videoxogos domésticas, pois non todos os usuarios teñen a capacidade para descargar semellante volume de datos dende os seus domicilios, mentres que descargar a actualización é obrigado para os usuarios que queiran xogar mentres están en liña, o que incluso podería afectar á experiencia de xogos para as conexións máis lentas. Haberá que ver como reaccionan os usuarios e a propia Microsoft ante esta actualización para ver o camiño que percorrerán as actualizacións dos videoxogos no futuro (aínda que dá a impresión de que as conexións de banda larga de alta capacidade continuarán a avanzar ata converterse imprescindibles para o xogo en liña).

A actualización de Dead Rising 3 corrixirá fallos no xogo e prepararao para futuros contidos descargables

PUBLICIDADE