Dead Rising 2: Case West chega á Xbox 360
luns, 27 de decembro do 2010
O Bazar de Xbox LIVE recibe
hoxe a agardada secuela de Dead Rising 2,
un episodio descargable titulado Case
West e que xunta a Chuck Greene, protagonista da última entrega da
franquÃa, con Frank West, o reporteiro gráfico que facÃa o propio no xogo
orixinal, que unen forzas para limpar o nome de Greene (acusado falsamente de
ser o responsable da explosión zombi en Fortune City) e recoller probas para
que West poida acabar con Phenotrans (compañÃa detrás dos problemas dos nosos
heroes) para o que deben infiltrarse nunhas instalacións remotas da empresa,
onde atopan novos inimigos e novas armas, á vez que descubrirán terribles segredos
sobre esta franquÃa que promete ser o novo Resident
Evil.
Dead Rising 2: Case West está á venda
por 800 puntos (9,6 euros) e tamén conta cunha versión
de demostración de balde. Polo momento este contido é exclusivo da Xbox 360,
como xa aconteceu con Dead Rising 2: Case
Zero.