David Bisbal terá xogo para móbiles de seu

venres, 8 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A editora de xogos para móbiles LemonQuest anunciou o lanzamento de David Bisbal Fan Factor, un novo videoxogo no que os usuarios poderán competir por ser o mellor afeccionado do cantante almeriense, para o que se terán que superar varios e divertidos retos que van dende preguntas sobre David Bisbal ata mini-probas tipo puzzle para compor a imaxe do artista.
O xogo tamén permite remitir as puntuacións a un cadro de cualificacións en liña, o que permite competir con outros usuarios, e engade así elementos de competitividade.

PUBLICIDADE