Dáse a coñecer en Ourense o Esquema Nacional de Seguridade
xoves, 28 de abril do 2011
As xornadas
formativas sobre o Esquema Nacional de Seguridade pasan hoxe por Ourense
(rematarán o vindeiro martes en Vigo) e o delegado territorial da Xunta de
Galicia na cidade, Rogelio
MartÃnez, foi o encargado de inaugurar o evento destinado a difundir o
esquema nas distintas administracións galegas.
Na súa intervención MartÃnez asegurou que «o
Goberno Galego, coa creación da SecretarÃa Xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica, emprendeu un camiño difÃcil, pero imprescindible, para establecer
unha polÃtica tecnolóxica unificada na Administración Autonómica que achegue
resultados tanxibles cara a sociedade, a economÃa e, como non, cara as outras
administracións públicas» e destacou a aprobación do Plan Director de
Seguridade da Información da Xunta de Galicia que perfila unha serie de
iniciativas orientadas a asesorar e sensibilizar ao persoal da Administración
Local en materia de protección de datos, de seguridade informática e de acceso
electrónico da cidadanÃa aos servizos públicos, contexto no que «detéctase a necesidade de promover unha
serie de xuntanzas para difundir o Esquema Nacional de Seguridade entre as
distintas administracións públicas, sobre todo nas entidades locais, para que
tanto os seus responsables como o seu persoal estean ao tanto desta normativa,
das súas esixencias de cumprimento e da forma de responder a súa correcta
aplicación».
O obxectivo destas sesións informativas é analizar a esixencias derivadas da
entrada en vigor do Real Decreto 3/2010 do 8 de xaneiro, polo que se aproba o
Esquema Nacional de Seguridade, de obrigado cumprimento por parte de todos os
órganos da Administración asà como por calquera entidade de dereito público
dependente deles.
As xornadas permitirán,
tanto aos responsables polÃticos das diferentes administracións galegas
(autonómicas e locais), como aos profesionais das áreas técnicas, organizativas
e xurÃdicas, familiarizarse coas novas normativas, exixencias de cumprimento e
as formas de responder á súa correcta aplicación a través de sesións de
formación especÃfica, relatorios e unha mesa redonda tras a que terá lugar un
debate e as posteriores conclusións.