Darksiders chega a moitas tendas antes do seu lanzamento oficial
xoves, 31 de decembro do 2009
Como aconteceu
hai uns dÃas con Bayonetta,
o xogo Darksiders para Xbox 360 e
PlayStation 3 que deberÃa chegar ás estanterÃas das tendas de videoxogos o
vindeiro dÃa 5 de xaneiro xa
está á venda en moitos centros comerciais, práctica que algúns
poderÃan considerar de competencia
desleal (aÃnda que resulta comprensible que moitas tendas estean a procurar
vender as unidades que teñen de Bayonetta
e Darksiders antes do DÃa de Reis), e
que como repercusión máis negativa ten o feito de que facilitou a filtración ás
redes P2P de copias da versión para Xbox 360, de xeito que antes do lanzamento
oficial deste xogo de THQ, que destaca por contar con contar con deseños do
debuxante de comics Joe Madureira, os usuarios menos legais poden gozar do mesmo, o que poderÃa prexudicar ás
súas vendas.
Darksiders chega como un tÃtulo moi
prometedor dentro do xénero de hack’n
slash, no que metémonos na pel de Guerra, un dos Catro Xinetes do
Apocalipse, que traizoado vese involucrado nunha trama que racha coa tregua
entre Ceo e o Inferno provocando a desaparición da Humanidade antes de que
puidera estar preparada para o enfrontamento que definirÃa o destino dos tres
mundos.
Este
xogo parece claramente inspirado en God
of War no que se refire á súa mecánica e aos ataques de Guerra (aÃnda
que tamén hai
quen detecta no xogo trazos dos xogos de Zelda), polo que os
afeccionados a este tipo de xogos colleranlle o truco ao momento, gozando dunha
experiencia de xogo bastante familiar, que acompañada polo seu peculiar deseño
completa un xogo de acción impresionante, que pese a non ser moi orixinal,
convencerá a moitos e ocupará o baleiro que queda no mercado mentres non chegue
ás tendas Dante’s Inferno.
Trailer do xogo