Dark Souls III chega a PS4, Xbox One e PC

martes, 12 de abril do 2016 Marcus Fernández

A emblemática saga de xogos de FromSoftware publica hoxe a súa terceira entrega, Dark Souls III, que en vez de ser exclusivo para PlayStation 4 como Bloodborne, chega tamén con versión para Xbox One e para ordenadores persoais, de xeito que o que será un dos mellores xogos de rol do ano estará dispoñible para un amplo número de xogadores, aínda que cómpre salientar que estamos ante un xogo para un público de nicho, polo que non pretende competir con grandes superproducións, senón simplemente atender á demanda de grandes e complexos combates nun contorno invadido pola escuridade, onde a épica resulta inevitable.
Dark Souls III introdúcenos nun universo cheo de inimigos e contornos descomunais, un mundo en ruínas no que as chamas están a apagarse e os xogadores terán que facer fronte a un xogo máis rápido que entregas anteriores (bebendo un chisco de Bloodborne), cunha intensidade de combate ampliada, que non defraudará aos xogos de accións anteriores, pero no que tamén poden achegarse novos xogadores sen problema (sempre que sexan conscientes de que estamos ante un xogo de rol con situacións que poden causar grande frustración pola súa dificultade).

PUBLICIDADE