Dance Central 3 estrea versión de demostración
luns, 1 de outubro do 2012
O vindeiro dÃa 19 chegará ás tendas Dance
Central 3, un xogo para Xbox 360 que fai uso do sensor Kinect como
ningún outro tÃtulo da consola de Microsoft, achegando unha experiencia de
baile que só consegue esta saga de éxito que nesta terceira entrega terá máis
de 40 cancións novas, que van dende temas da música disco dos anos 70 ata
éxitos actuais, e para que os usuarios da 360 poidan comprobar se achega o que
promete, estrea hoxe versión
de demostración descargable de balde por parte dos usuarios Gold de Xbox
LIVE. Os temas musicais dispoñibles na demo son Moves Like Jagger (Maroon 5 feat. Christina Aguilera), On the Floor (Jennifer López feat.
Pitbull) e Starships (Nicki Minaj).
Entre as novas funcionalidades de Dance
Central 3 figuran novos modos multi-xogador (chave no éxito deste tipo de
xogos que instan a montar festas ao redor das videoconsolas) e o uso da
aplicación Xbox SmartGlass
que converterá o móbil o mando a distancia de festa total, creando unha listaxe
de reprodución, elixindo a seguinte pista e, en definitiva, animando a festa.
- A terceira entrega de Dance Central potenciará os modos multi-xogador