Dan a coñecer as 25 primeiras cancións de Guitar Hero: Aerosmith

luns, 2 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Canto máis se aproxima o lanzamento de Guitar Hero: Aerosmith, máis detalles coñecemos sobre o xogo, que xa chegou ás mans da xente de Kotaku, que confirmaron moitas das cousas que se agardaban do xogo, coma o feito de que non incluiría só temas de Aerosmith (que finalmente se limitará ao 60% do repertorio da nova entrega de Guitar Hero).
Como novidade, o xogo permitiranos utilizar a personaxes coma Joe Perry, Brad Withford e Tom Hamilton, aos que se poderá sumar o cantante Steven Tyler e o batería Joey Kramer para completar a formación musical no escenario do xogo.
Guitar Hero: Aerosmith contará cunha listaxe de 41 cancións, das que xa coñecemos 25: as cancións de Aerosmith confirmadas son Make It, Uncle Salty, Draw the Line, Movin’ Out, No Surprize, Sweet Emotion, Livin’ on the Edge, Ragdoll, Love in an Elevator, Back in the Saddle, Beyond Beautiful, Dream On, Bright Light Fright e Nobody’s Fault; a canción cantada con Run DMC Walk This Way; os temas orixinais Dream Police (de Cheap Trick), I hate myself for loving you (de Joan Jett), Complete Control (de The Clash), Always on the Run (de Lenny Kravitz), She Sells Sanctuary (de The Cult) e King of Rock (de Run DMC); e versións dos temas All the Young Dudes (Mott the Hoople), All day and all of the night (The Kinks), Personality Crisis (New York Dolls) e Hard to Handle (Black Crowes). Con este repertorio parece que o xogo non será apto só para os seguidores de Aerosmith, senón que poderá gustar a moitos outros amantes da música rock, aínda que hai que destacar que non se trataría dunha versión realmente renovada de Guitar Hero senón que as novidades con respecto a Guitar Hero III se limitan aos temas musicais incorporados como xa pasara con Guitar Hero: Rocks the 80s (que era unha mera revisión do Guitar Hero II).

PUBLICIDADE