DOOM 3 porase ao alcance das consolas de alta definición
xoves, 31 de maio do 2012
Ultimamente estamos a recibir unha auténtica vaga de
adaptacións de vellos xogos á alta definición, para que os usuarios que conten
cunha consola de videoxogos actual poidan gozar de numerosos tÃtulos da
anterior xeración, á vez que se revitalizan sagas (de cara a futuras secuelas)
e se consegue un retorno económico notable (pois o investimento dunha remasterización é bastante reducido), e
nesta liña temos a Bethesda
anunciando que este mesmo ano teremos DOOM
3 BFG Edition, unha colección que inclúe os xogos DOOM, DOOM 2 e DOOM 3: Resurrection of Evil xunto co Lost Mission (paquete con 7 niveis
adicionais), todo adaptado ao nivel gráfico da Xbox 360 e a PlayStation 3
(contando tamén coa tradicional versión para PC, plataforma na que naceu a
saga).
AÃnda que o xogo realmente coidado do paquete é DOOM 3, incluÃr as anteriores entregas é un agasallo que
agradecerán os máis fieis á saga. Cómpre destacar que desta volta DOOM 3 será compatible con televisores
3D e tamén contará con son 5.1, polo que a experiencia será máis inmersiva que
nunca.
Trailer de DOOM 3 BFG Edition