DJI presenta unha das cámaras deportivas máis completas do mercado
mércores, 15 de maio do 2019
O fabricante de drons DJI presentou hoxe unha nova cámara
deportiva chamada a rivalizar directamente coas de GoPro, a DJI Osmo Action, que presume
de capturar vÃdeo estable e fluÃdo con grande nivel de detalle, asà como
soportar condicións moi duras, converténdose nun bo compañeiro de viaxe para os
máis aventureiros.
A DJI Osmo Action é unha cámara moi compacta, resistente a golpes, po e auga
(podendo funcionar baixo a auga e a temperaturas de até 10 graos baixo cero)
que sorprende por integrar dúas pantallas: unha traseira táctil de 2,25
polgadas e unha frontal de 1,4 polgadas pensada para o disparo de selfies e a gravación de videoblogs.
O sensor desta nova cámara é de 1/2,3 polgadas, pode capturar fotografÃas de 12
MpÃxeles e na gravación de vÃdeo chega até os 4K a 60 fotogramas por segundo a
100 Mbps, aÃnda que tamén permite gravar en 4K con HDR a 30 imaxes por segundo.
Inclúe un modo de gravación RockSteady (con estabilización electrónica),
integra un par de micrófonos e un altofalante e, como curiosidade, pode
responder a ordes de voz.
No que se refire ás funcións creativas, a Osmo Action pode gravar en cámara
lenta Full HD a 240 ou 120 imaxes por segundo (ou sexa 8x ou 4x), permite crear
timelapses e tamén conta cun modo de
exposición configurable (por exemplo, para poder capturar o ceo nocturno).
A DJI Osmo Action pode comunicarse coa aplicación móbil DJI Mimo por Wi-Fi ou
Bluetooth (o que permite a vista en directo da cámara e a edición rápida de
vÃdeo, entre outras funcións) e tamén conta cun amplo abano de accesorios como
monturas, soportes adhesivos, filtros ou unha carcasa somerxible que protexe o
dispositivo para profundidades de até 60 metros baixo a auga (sen a carcasa
pode funcionar até a 11 metros de profundidade).
O prezo desta nova cámara de DJI é de 379 euros, polo que será un duro rival
para a GoPro
HERO7 Black, que custa 429,99 euros e carece dá pantalla frontal para
vÃdeo.
- Unha carcasa opcional permite somerxer a Osmo Action até a 60 metros de profundidade
VÃdeo de presentación da DJI Osmo Action