DJI lanza unha cámara de cine con enfoque LiDAR
mércores, 20 de outubro do 2021
AÃnda
que DJI é un fabricante normalmente recoñecido polos seus drons de consumo,
leva tempo facéndose un oco no mercado da gravación de vÃdeo profesional, de aÃ
que veña de lanzar a cámara DJI Ronin
4D, que combina unha cámara estabilizada full-frame Zenmuse X9, cun
estabilizador de 4 eixes, un sistema de enfoque LiDAR e un sistema de
transmisión de vÃdeo e control nunha única unidade, de xeito que é unha
solución moi atractiva para os profesionais creativos que queiran realizar
tomas espectaculares.
Esta cámara de deseño modular pode adquirirse
nunha versión básica capaz de gravar vÃdeo en 6K por 6.999 euros, asà como nunha
versión que grava en 8K e inclúe adicionalmente unha PROSSD de 1 TB por 10.999
euros. AÃnda que poida parecer un prezo elevado, estamos ante unha das
solucións de gravación deste estilo máis económicas do mercado, ofrecendo
imaxes de elevada calidade e a posibilidade de intercambiarlle os seus
obxectivos, conseguindo asà unha grande versatilidade.
Dende DJI inciden no feito de que é a primeira cámara de cine de 4 eixes do
mercado, ou sexa, que inclúe un eixe Z activo para eliminar efectivamente as sacudidas
verticais, facilitando que secuencias gravadas mentres o operador anda, corre
ou se desprace ao redor dun xeito dinámico poidan verse de xeito estable sen
ter que empregar equipamento adicional.
Resulta bastante abraiante que para mellorar o enfoque DJI optase por incorporar
tecnoloxÃa LiDAR a esta cámara, ou sexa, que ten sensores que miden a distancia
aos obxectos, o que asà fai doada axustar o enfoque automaticamente e con
grande precisión.
A tecnoloxÃa de transmisión sen fÃos desta cámara tamén é un portento,
permitindo un control remoto do obxectivo e incluso do enfoque automático. A
tecnoloxÃa DJI O3 Pro permite un alcance de até 6 quilómetros cunha saÃda de
vÃdeo Full HD a 60 imaxes por segundo, o que permite unha magnÃfica
monitorización, grazas tamén á latencia de transmisión ultrabaixa .
Coa DJI Ronin 4D podemos gravar vÃdeo en 8K até a 75 imaxes por segundo, gozar
dun rango dinámico de máis de 14 pasos e tirar proveito dun ISO nativo de 800 a
4.000 (permitindo gravación con moi pouca luz), aÃnda que tamén podemos salientar
que inclúe filtros ND de 9 pasos, polo que resultarÃa práctica en contornos moi
iluminados. A Ronin 4D ofrece o mellor rendemento de estabilización e
seguimento da serie Ronin até o momento, podendo pasar a manexarse en modo Sport (que permite reaccións rápidas)
con só premer un botón, aÃnda que en moitas ocasións serÃa incluso mellor aproveitar
as súas posibilidades como ActiveTrack Pro, sistema de visión por ordenador
capaz de identificar obxectos e persoas para facer un seguimento automático dos
mesmos mantendo o axuste da composición.
- A nova cámara mantén un formato compacto pese a ter grandes posibilidades
VÃdeo de presentación da DJI Ronin 4D