DJ Hero contará con mesturas exclusivas elaboradas por coñecidos DJ

venres, 29 de maio do 2009 Marcus Fernández

Un dos xogos musicais máis interesantes deste ano é o DJ Hero, que collerá a mecánica de xogos coma os Guitar Hero e a aplicará a mestura de temas de estilos coma o hip-hop, o pop, o rock e moitos máis, confirmándose xa que contará con temas de Black Eyed Peas, 50 Cent, Justice, Marvin Gaya, Beck, Beastie Boys e N.E.R.D. entre as máis de 100 cancións remesturadas para converterse en máis de 80 temazos creados en exclusiva para o xogo por pinchadiscos coma DJ Shadow, DJ Z-Trip e DJ AM.
O xogo contará cun novo periférico que fará gozar aos amantes da música electrónica e de baile, á vez que é posible gozar coa variedade musical que permite o xogo. Tamén será posible facer scratching e incluso contará cun modo multixogador para enfrontarse en duelo a outros DJ.
Este título venderase para Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation 2 e Wii, e polo que puidemos ver, a súa estética e sistema de xogo parécese moito a outros títulos musicais, aínda que cun punto de vista un tanto diferente. Sairá á venda no outono a un prezo de 119,99 dólares nos EE.UU. (o que se xustifica pola incorporación do accesorio necesario para xogar a este título).

O xogo fará uso dun novo accesorio para a consola de videoxogos




Trailer do DJ Hero

PUBLICIDADE