D-Link aposta polo Wi-Fi 6 e as redes mesh en 2020
venres, 3 de xaneiro do 2020
- Os routers D-Link Smart AX5400 terán Wi-Fi 6 e soporte de Wi-Fi EasyMesh
D-Link
está a presentar os seus novos produtos de cara ao CES de Las Vegas, que
integrarán tecnoloxÃas emerxentes como Wi-Fi EasyMesh, que facilita a creación
de redes sen fÃos tipo malla, e o estándar Wi-Fi 6, de xeito que permiten gozar
de conexións de máis calidade e eficiencia, asà como facilitan a eliminación de
zonas sen cobertura nos fogares.
Dende D-Link destacan que estes novos routers don posibilidades mesh
resultan moi prácticos, por adoptar un novo estándar que elimina os problemas
de compatibilidade e fan moi doado aos usuarios engadir elementos que melloren
a cobertura nos seus fogares sen complexas configuracións.
Os routers tamén contan con funcións de control paternal (que permiten crear
perfÃs de usuario para cada membro da familia, incorporando dispositivos e horarios),
cifrado WPA3 e, nalgún dos produtos, compatibilidade con Alexa, o Asistente de
Google e IFTTT.
Un destes routers será o Smart AX5400 Mesh WiFi 6, que ofrece até 5,6 Gbps de
largo de banda Wi-Fi, 4 portos Ethernet e 2 portos USB, e sairá á venda este
mesmo trimestre por 279,99 dólares (nos EE.UU.). En rangos máis económicos
poderiamos atopar routers e extensores de rango Wi-Fi mesh por a partir
de 99,99 dólares.