Cybook Opus, o lector de e-books de peto
martes, 19 de maio do 2009
Mentres Amazon comezará a vender o seu Kindle DX no verán, outros fabricantes buscan uns tamaños máis portátiles de lectores de libros electrónicos, e asà déronse a coñecer as especificacións do que será o Cybook Opus, un lector con pantalla de papel electrónico de 6 polgadas cunha resolución de 200 puntos por polgada, 1 Gb de capacidade interna, 150 gramos de peso, sensor de movemento, soporte de ePub, PDF, HTML e texto e unha autonomÃa que permite a lectura de ata 8.000 páxina e 21 dÃas en espera. Carece de conectividade sen fÃos e porase á venda nos EE.UU. en xuño, no que entendemos que quere ser un lector de e-book de peto, polo que poderÃa ter un prezo considerablemente inferior ao dos dispositivos que comercializa Amazon.