CrimeCraft, un xogo en liña de balde que combinará estratexia e acción

mércores, 16 de abril do 2008 Marcus Fernández

O sistema de combate de CrimeCraft non ten precedentes nos xogos masivos en liña

Vogster Interactive está a preparar un título multixogador masivo en liña con certas compoñentes de shooter, desenvolvido co motor Unreal Engine 3, e do que por fin podemos ver algunhas imaxes.
CrimeCraft non só promete moita acción ambientada nunha cidade actual chea de criminais, na que se pode formar parte nos ámbitos sociopolítico e económico, de xeito que se poderán ter posesións, abrir establecementos comerciais, conquistar territorios, pelexar entre clans, resolver conflitos pacificamente ou de xeito violento (o que tamén podería supor o enfrontamento coas forzas da orde) e cun sistema de combate único neste tipo de xogos. Aínda que o máis destacable de todo é que o xogo que sairá durante a primavera de 2009 se poderá descargar de balde.

PUBLICIDADE