Creative estrea altofalantes portátiles Bluetooth con NFC

mércores, 15 de maio do 2013 Marcus Fernández

Os novos altofalantes de Creative poden conectarse sen fíos con dispositivos con NFC cun simple contacto

Creative Technology anunciou hoxe novos altofalantes sen fíos que comunícanse mediante tecnoloxía Bluetooth aproveitando a as posibilidades do NFC para emparellar os dispositivos dun xeito rápido e cómodo. Os altofalantes máis básicos dos presentados serían os Creative Airwave, que estarán dispoñibles en 4 cores distintas (rosa, verde, azul e negro) a un prezo de 99,99 euros, que aparte de NFC e Bluetooth tamén contan con entrada auxiliar (para poder utilizalos con practicamente calquera reprodutor multimedia) e que proponse como un dispositivo moi transportable: é compacto (mide 110 x 260 x 110 milímetros), relativamente lixeiro (890 gramos) e goza dunha autonomía de ata 12 horas de uso continuo (cárgase mediante microUSB). Tamén integra un micrófono oculto, facilitando o seu uso como sistema de mans libres.
Moi semellante sería o Creative Airwave HD, que estará dispoñible en negro e vermello por un prezo de 149,99 euros, mide 95 x 260 x 95 milímetros, pesa 980 gramos, funciona con Bluetooth 3.0, aparte dos codificadores SBC e aptX (como o modelo básico) admite o codec AAC (mellorando a calidade do son) e pode emparellarse con 2 dispositivos á vez. Aínda que segue a ser moi transportable, a súa autonomía redúcese ata as 7 horas.

Os altofalantes Creative Airwave presumen de diversidade de cores e autonomía
Os altofalantes Creative Airwave HD admiten o codec AAC, conseguindo unha maior fidelidade ao reproducir música

PUBLICIDADE