Crazy Taxi: City Rush incorpora a Hulk Hogan como personaxe xogable

xoves, 2 de outubro do 2014 Marcus Fernández

O pasado verán SEGA renovou a súa franquía Crazy Taxi cunha adaptación do xogo a dispositivos móbiles optimizada para o modelo free-to-play chamada Crazy Taxi: City Rush, dispoñible de balde para iOS e Android, e que mudaba radicalmente o sistema de control fronte a entregas anteriores, para resultar máis doado de manexar en dispositivos móbiles, de xeito que podía controlarse con xestos en pantalla en vez de mandos virtuais (como nas conversións a móbil das súas entregas clásicas). A sorpresa é que para manter vivo este divertido xogo decidiron fichar a un novo condutor, o loitador profesional Hulk Hogan, que fai que agora o xogo veña acompañado polo lema Hulkmania Takeover.
Aínda que a presenza de Kulk Hogan no xogo xa é unha novidade moi importante, xa que aparte do personaxe tamén incorpora numerosos elementos baseados no peculiar personaxe da nosa cultura popular e funcionalidades adicionais como poder compartir as repeticións dos mellores momentos e poder controlar o xogo con mandos de xogos físicos. Aparte do coñecido loitador, o xogo tamén recibe a dous novos condutores: Xavier Grant e Kelli Kelly.

Hullk Hogan pode conducir taxis no xogo de SEGA
Hogan pode participar en retos para conseguir puntos adicionais


Vídeo no que se anuncia a chegada de Hulk Hogan a Crazy Taxi: City Rush

PUBLICIDADE