Crash Bandicoot N. Sane Trilogy chega a Xbox One, Switch e PC

venres, 29 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Aínda que para moitos xogadores os xogos de Crash Bandicoot estean intimamente ligados á marca PlayStation, o certo é que serie chegou practicamente a todas as plataformas do seu momento, de aí que era só cuestión de tempo que a Crash Bandicoot N. Sane Trilogy chegase a máis plataformas tras arrasar en PlayStation 4 hai un ano.
Semella que o título de Vicarious Visions no que recompilaban versións renovadas das tres primeiras entregas da saga de Crash Bandicoot rematou o seu acordo de exclusividade temporal coas consolas de Sony (como tamén acontecera coas entregas orixinais), porque xusto hoxe xorde en versións para Xbox One, Nintendo Switch e para PC a un prezo de 39,99 euros, o que supón unha grande oportunidade para os xogadores que non teñan unha PS4 e queiran rememorar as aventuras do marsupial Crash, podendo optar os xogador por superar as numerosas fases encarnando á súa irmá Coco.

PUBLICIDADE