Coruña Bloggers abre a inscrición para a súa vindeira edición

martes, 21 de marzo do 2023 Marcus Fernández

O evento solidario Coruña Bloggers anuncia a celebración da súa 27ª edición o vindeiro día 30 ás 19:30 na sede da ONCE na Coruña, abríndose xa a reserva de prazas para poder acudir a esta actividade de balde na que prégase aos asistentes que acudan con, como mínimo, 1 quilo de alimentos que se entregarán na Cociña Económica da cidade.
Esta edición de Coruña Bloggers abrirase cun relatorio de Anxo Sánchez, deseñador web de WordPress, que dará consellos sobre como mellorar a velocidade de carga dunha páxina web ou blog, mellorando así a súa visibilidade en Google e a resposta dos usuarios.
Collerá o relevo Sonia Díaz Canosa, dedicada ao deseño gráfico e web en WordPress, quen abordará as dificultades para plasmar a imaxe de marca nun deseño web (sen manual corporativo como guía).
O evento tamén contará cunha Sección 3x3 na que 3 persoas terán 3 minutos para presentar o seu proxecto, e porán o peche Víctor Grande e David Ferber, da Escola de Impro da Coruña, que realizarán un par de xogos de improvisación.

PUBLICIDADE