Correos alerta dunha falsa notificación de multa enviada no seu nome
mércores, 1 de xuño do 2011
Na Rede, coma na vida, cómpre ter coidadiño con
quen nos peta na porta en nome dalgunha empresa e sen achegar os sinais de
confianza debidos. Estes sinais, por certo, non só son identificables a nivel
presencial (un uniforme que non coincide, un logotipo cosido a man na camisa,
unha hora de visita que non se lle ocorre a ninguén, etc), senón tamén a nivel
dixital cando recibimos un correo falso ou visitamos unha páxina que está a
suplantar a outra. Sinais hai moitos, pero se cadra o máis cantoso de todos é que se nos pidan cartos ou que se fagan pola
Rede cousas que as entidades suplantadas nunca farÃan. Leas aparte, cómpre ter
coidado estes dÃas cun e-mail de Correos que non é de Correos.
Asà llo advertiu aos medios e
aos internautas a propia empresa postal, quen alerta sobre unha tentativa
de calote por correo electrónico que consiste nunha suplantación do seu nome e
imaxe para enganar aos usuarios da Rede. O anzol, unha vez máis, ten feitura de
reclamo preocupante. Máis polo miúdo, de notificación de multa de tráfico,
enviada a través da conta info@correos.es e levando adxunto un arquivo pdf.
Sobra dicir que nin vén de Correos, aÃnda que o pareza, nin é unha notificación
real. Se descargamos o pdf, de feito, instalarase no noso computador un programa
que nos redirixe cara a unha web non desexada. O obxectivo dos responsables do
envÃo é conseguir que lles acheguemos información bancaria persoal. Segundo
informa Correos, a mensaxe non foi xerada por ninguén da empresa postal.
Asemade, pÃdelle a quen a reciba que a elimine de contado.
