Coremain participará nun novo proxecto de operacións con drons civÃs
martes, 16 de febreiro do 2021
A empresa
tecnolóxica Coremain, con sede en Santiago, formará parte dun novo
proxecto de I+D+i no ámbito das operacións con drons civÃs da man
de Babcock España, entidade especializada en operacións de
emerxencia.
Esta iniciativa, denominada
Sideral, ten como
obxectivo principal o desenvolvemento das funcións U-Space
necesarias para a integración segura das operacións con
vehÃculos aéreos non tripulados
en servizos de emerxencia a través dun concepto
de operacións
avalado polos servizos U-Space.
O proxecto propón a
definición e ensaio dun conxunto de escenarios operacionais
concretos que contribuirán ao desenrolo das funcións do sistema de
xestión de tráfico non tripulado (UTM) e á validación dos
servizos U-Space proporcionados ós usuarios. Deste xeito, a través
das demostracións poderanse alcanzar os obxectivos máis especÃficos
do proxecto.
Por un lado permitirá
analizar como se deberÃa enviar a información aeronáutica aos
operadores de drons, asà como proporcionar unha función de
identificación e rexistro electrónico e facilitar a capacidade de
geo-fencing,
mediante EGNOS.
Doutra banda, un modelo de
datos permitirÃa rexistrar os vos de drons, definir procedementos
xunto con ATM/ATC para a automatización dos vos, avaliar a
continxencia necesaria entre o operador e o ATC e interconectar datos
relevantes dos vehÃculos
aéreos cos sistemas
ATM.
Por último tamén se lograrÃa
segregar un espazo aéreo, para un voo e un tempo determinador e
analizar o subministro de información non aeronáutica para declarar
zonas de exclusión aérea.
Grazas a este proxecto,
Coremain, situada entre as 100 primeiras empresas do sector TIC
español, consolida a súa presenza no emerxente mercado dos drons
civÃs grazas á confianza de Babcock España.