Convócase o Premio Gerardo García Campos 2008
xoves, 28 de agosto do 2008
- Cartel informativo sobre o Premio Gerardo García Campos 2008
O Colexio Oficial e a
Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia celebrarán o vindeiro 7
de novembro no Gran Hotel da Toxa a Noite Galega das Telecomunicacións e da
Sociedade da Información, facéndose alí entrega do Premio á Mellor Iniciativa
Empresarial no sector TIC 2008, patrocinado pola Fundación Ingeniero
Gerardo García Campos e dotado con 6.000 euros.
O Premio pretende dar soporte a aqueles proxectos ou iniciativas que se afasten
dos proxectos industriais xa consolidados na nosa comunidade e que precisen dun
soporte tanto financeiro como científico ou estrutural, para axudarlles a
acadar a súa consolidación definitiva. Complementariamente tamén quere dar a
coñecer a existencia dunha Fundación con función científico-técnica á que se
pode acudir para recibir axuda no desenvolvemento para calquera actividade
relacionada coas novas tecnoloxías e a súa aplicación.
Os interesados en optar polo Premio deberán presentar antes do 3 de outubro unha
breve historia da empresa e unha memoria explicativa do proxecto ou proxectos
que se consideren merecedores do premio.