Converge serve para colocar e cargar os nosos trebellos no escritorio
mércores, 25 de abril do 2012
Para facilitar a organización do noso escritorio, onde é
habitual acumular trebellos electrónicos para a súa carga, dende Quirky
están a vender por 39,99 dólares unha base de carga chamada Converge que facilita
a organización dos cables dos nosos cargadores, integra 4 tomas USB, ten unha
forma curvada para repousar os nosos dispositivos durante a súa carga,
aliméntase a través dunha transformador externo que opera no rango dos 110-240
voltios e está deseñado para empregarse comodamente con trebellos con porto de
carga inferior (coma o iPhone ou o iPod Touch) ou lateral (coma cámaras
dixitais). As súas dimensións son de 310 x 130 x 100 milÃmetros.
- A base de carga Converge permite manter o noso escritorio informático organizado