Consola portátil con 20 xogos de Megadrive integrados
luns, 28 de xullo do 2008
- A orixinal portátil véndese nun atractivo paquete
Os nostálxicos
dos tempos nos que a guerra de consolas era un enfrontamento entre Nintendo e
SEGA poderán rememorar as súas partidas na emblemática Megadrive grazas a
Blaze, unha nova
consola portátil que vén de saÃr no Reino Unido e que é compatible cos clásicos
xogos 16 bits de SEGA, que se poden ver tanto na súa pantalla LCD
coma nun televisor (pois conta con saÃda de vÃdeo PAL).
A
consola véndese por 29,99 libras esterlinas (37,70 euros) e inclúe
20 xogos de Megadrive: Columns, Sonic and
Knuckles, Golden Axe, Shinobi, Ecco the Dolphin, Alexx Kidd (and the Enchanted Castle),
Alien Storm, E Swat, Altered Beast, Arrow Flash, Crackdown, Decap Attack, Dr.
Robotnik’s Mean Bean Machine, Ecco Junior, Flicky, Gain Ground, Jewel Master,
Kid Chameleon, Sonic Spinball e
Shadow Dancer.
Deste xeito, podemos adquirir unha consola con 20 xogos polo prezo dun único
xogo para Nintendo DS, polo que non só serÃa un produto atractivo para
nostálxico, senón simplemente como unha alternativa máis ás plataformas de xogo
portátiles que hai na actualidade.
Anuncio da nova consola portátil