Conmutador HDMI de 4 portos
xoves, 7 de agosto do 2008
Os últimos televisores de
alta definición contan con numerosos portos HDMI para conectar consolas de
videoxogos, reprodutores de Blu-ray ou DVD, ordenadores, sintonizadores de
televisión e outros dispositivos, pero os vellos modelos e os monitores de
ordenador normalmente contan con un único porto deste tipo, polo que IOGEAR
comezou a comercializar un conmutador
para 4 HDMI controlable con mando a distancia (que funciona a unha
distancia de ata 7 metros) de xeito que podemos conectar varias fontes de vídeo
de alta definición ao televisor ou monitor podendo alternar entre os distintos
dispositivos con só premer un botón.
O conmutador modelo GHDMIS4W6 é compatible con dispositivos DVI mediante o
adaptador correspondente, soporta resolucións de PC dende VGA (640 x 480) ata
WQXGA (2.560 x 1.536) e permite manter as resolucións de vídeo 480p, 720p,
1.080i e 1.080p. O
seu prezo de venda é de 90 dólares (aínda que se pode atopar a menos
de 70 dólares en distribuidores alternativos).