Confírmase a aparición de Sting no novo xogo de Guitar Hero

venres, 5 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O pasado martes amosabamos as imaxes de Billy Corgan (Smashing Pumpkins) no xogo Guitar Hero World Tour, que confirmaban os rumores de que o xogo incorporaría a personaxes xogables coma Jimi Hendrix ou Ozzy Osbourne, e hoxe podemos ver a aparencia que terá Sting no xogo.
O que fora cantante e baixista de The Police achega a súa voz e a súa imaxe a o futuro xogo musical de Activision, de xeito que poderemos meternos na pel do artista para interpretar temas coma o clásico Demolition Man.
O cantante tamén asegurou que non se lle daba ben xogar ao Guitar Hero, o que si facían sen problema os seus fillos.


Reportaxe sobre a aparición de Sting en Guitar Hero World Tour

PUBLICIDADE