Confírmanse os 15 xogos que chegarán co lanzamento da Nintendo 3DS

martes, 8 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

O vindeiro 25 de marzo chega ás tendas españolas a consola portátil Nintendo 3DS, que estrearase cun interesante catálogo de xogos (15 en total) aos que seguirá unha ducia máis ata o verán, polo que os early adopters poderán gozar das novas posibilidades que ofrece esta proposta para o lecer que destaca por contar cunha pantalla autoestereoscópica.
Os primeiros xogos para a Nintendo 3DS serán: Pilotwings Resort, Nintendogs + Cats: Golden Retriever y sus nuevos amigos, Nintendogs + Cats: Bulldog Francés y sus nuevos amigos, Nintendogs + Cats: Caniche Toy y sus nuevos amigos, Super Street Fighter IV 3D Edition, Los Sims 3, PES 2011 3D - Pro Evolution Soccer, LEGO Star Wars III The Clone Wars, RIDGE RACER 3D, Super Monkey Ball 3D, SAMURAI WARRIORS: Chronicles, Asphalt 3D, Tom Clancy’s Ghost Recon: Shadow Wars, Tom Clancy’s Splinter Cell 3D e Rayman 3D.
A estes xogos seguiranlles títulos coma Steel Diver, The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D, Star Fox 64 3D, Kid Icarus: Uprising e novas entregas de Mario Kart, Animal Crossing, Paper Mario, Resident Evil e outras franquías de bastante sona, así como o anunciado recentemente xogo de Thor que chega ao mercado co gallo do seu filme.

PUBLICIDADE