Confirman que Atari soterrou milleiros de cartuchos do xogo de E.T. nun deserto
luns, 28 de abril do 2014
Esta ano as consolas de Microsoft van ter unha serie de contidos
audiovisuais exclusivos producidos por Xbox Entertainment Studios, entre os
que figurarán unha serie de documentais que se inaugurarán cunha investigación
para coñecer se é certa a lenda que aseguraba que, ante a malÃsima resposta do público
e a crÃtica ante o xogo de Atari 2.600 baseado no filme de E.T., enterraron millóns de cartuchos do xogo sen vender nun
deserto de Novo México.
A parte crucial da gravación desta reportaxe tivo lugar a pasada fin de semana,
na pequena vila de Alamogordo, a onde se desprazaron numerosos curiosos para
comprobar se o enterramento de cartuchos en 1983 era unha lenda urbana ou un anaco
máis da historia dos videoxogos.
Tras unhas 3 horas de escavacións, que puideron realizarse grazas a un acordo
entre a produtora Fuel Entertainment e un profesional do tratamento de residuos
en Novo México para conseguir os dereitos exclusivos de escavación nos terreos
onde se sospeitaba que se enterraran os cartuchos do fracasado xogo, conseguiuse
trunfar, e atoparon centos
de unidades do xogo nas súas caixas (bastante deterioradas), xunto con mandos
de Atari 2.600 e copias doutros xogos como Centipede,
Space Invaders ou Asteroids.
O documental que contará este achado espera estrearse baixo o tÃtulo Atari: Game Over, e entre os seus
responsables figuran os produtores Simon Chinn (Man on Wire) e Jonathan Chinn (30
Days) e o director-guionista Zak Penn (X-Men
2), descoñecéndose polo momento a data de estrea (que serÃa este mesmo
ano).
- Larry Hryb amosando un dos cartuchos atopados
VÃdeo sobre as escavacións do pasado sábado