Confirman o alto volume de piratería de xogos para iPhone e iPod Touch

martes, 27 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A piratería é unha das lacras dos videoxogos, que afecta a unhas plataformas máis que a outras. Así, mentres que a PlayStation 3 continúa libre de copias ilegais dos seus xogos ata o momento, non pasa o mesmo coas consolas portátiles, coa Wii ou coa Xbox 360, e agora, na familia de plataformas afectadas queda claro que están o iPhone e o iPod Touch, coma constataron dende Neptune Interactive, compañía responsable do xogo Tap Fu, e que detectaron que o número de puntuacións remitidas ao seu sistema por parte de copias piratas do seu xogo superaban ao 50% no día do seu lanzamento, superando ao 90% un par de días despois.
Dende Neptune aseguran que os usuarios que piratean o seu xogo non rematan mercándoo (desbotando o argumento de que moitas persoas utilizan as copias ilegais a xeito de versión de demostración) e iso que Tap Fu reduciu o seu prezo a 1,39 euros, prezo suficientemente reducido como para non supor un atranco, polo que podemos entender que para os usuarios con terminais liberados resulta incluso tan doado facerse con copias piratas dos xogos que coas orixinais, polo que o pago por estes títulos non engade valor aos mesmos.

A proporción de copias ilegais de Tap Fu</Em> está preto do 90%

PUBLICIDADE