Confirman as características do Adam de Notion Ink

luns, 15 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O agardadísimo tablet de Notion Ink, o Adam, que será o primeiro produto comercial en incorporar a revolucionaria pantalla híbrida de Pixel Ink que combina as bondades dunha pantalla TFT cunha tecnoloxía semellante á do papel electrónico, confirma as súas especificacións e acabado final, e poderá verse estes días en Barcelona.

O Adam ten un modo sen retroiluminación equiparable á tecnoloxía de papel electrónico

Finalmente o Adam funcionará cunha pantalla LCD transreflectiva de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, procesador nVIDIA Tegra 2 con dobre núcleo a 1 GHz e procesador gráfico, cámara de 3,2 Mpíxeles xiratoria e con enfoque automático, Wi-Fi, 3G, Bluetooth, sensor de luz ambiental, sensor de proximidade, acelerómetro, a-GPS, touchpad na súa parte traseira, 16 ou 32 Gb de almacenamento interno, unhas medidas de 158 x 239 x 13 milímetros, un peso de entre 600 e 650 gramos, capacidade para reproducir vídeo en alta definición (1.080p), 3 portos USB, lector de tarxetas microSD, saída HDMI, sistema operativo aberto (Android, Ubuntu e/ou Chromium) e navegadores web coma o Firefox e o Chrome, reproducindo tamén contidos en Flash. Amais, destaca a súa batería que permite unha autonomía de 16 horas (multiplicadas por 10 no caso de funcionar no modo sen retroiluminación).
Non sairá ao mercado ata o verán, e o seu prezo, pese a que comentábase que sería de 15.000 rupias (237,71 euros) está aínda por determinar. Queda por ver se dende Notion Ink serán capaces de distribuír axeitadamente este dispositivo que sobre o papel é o rival máis forte que podería ter tanto o iPad coma os actuais lectores de libros electrónicos.

O Adam gaña en case todos os apartados ao iPad
<script src="http://player.ooyala.com/player.js?embedCode=d4Y2c3MTr9iwnHQNlAbHyNiKVHnNwhvK&height=360&width=480"></script>


Entrevista/reportaxe na que detallan as características do Adam de Notion Ink

PUBLICIDADE