Condenan aos responsables de The Pirate Bay a 1 ano de cadea
venres, 17 de abril do 2009
- Os responsables de The Pirate Bay</Em> durante unha rolda de prensa</A>
O xuízo contra os
responsables da máis popular páxina web sobre a descarga de ficheiros a través
da rede P2P BitTorrent, The
Pirate Bay, rematou cun resultado negativo para os acusados, Peter brokep Sunde, Fredrik TiAMO Neij, Gottfrid Anakata Svartholm e Carl Lundström, que terán
que facer fronte a unha condena de 1 ano de cadea tras ser
considerados culpables de «axudar en
facer dispoñible contido protexido por copyright», o que moitos non
esperaban pois o servizo que mantiñan os acusados podería compararse ao dun
buscador coma Google (non son responsables directos do que outros publican na
Internet).
O tribunal determinou que os 4 acusados traballaban coma un equipo, que eran
conscientes de que en The Pirate Bay compartíase material protexido e
facilitaban e contribuían ás infraccións do copyright.
Deste xeito, os acusados tamén terían que facer fronte de xeito conxunto a unha
indemnización de 30 millóns de coroas suecas (2,7 millóns de euros) en concepto
de danos.
Este serán os responsables de
The Pirate Bay darán unha rolda de prensa na que previsiblemente
anunciarán que apelarán a decisión xudicial e continuarán con normalidade a
actividade da súa páxina web, pois este servizo no é o que foi levado a xuízo
(senón os actos dos seus responsables).