Concentrador USB alimentado por 2 portos

xoves, 24 de abril do 2008 Marcus Fernández

Na coñecida tenda asiática Brando venden un interesante concentrador USB que destaca por non ocupar unha toma USB, senón porque pode funcionar ocupando 2 portos USB para achegar máis potencia de corrente, o que lle serviría para alimentar a 3 portos USB normais e 1 porto mini-USB, resultando de grande utilidade para sincronizar ou cargar distintos dispositivos electrónicos coma móbiles, cámaras dixitais ou axendas electrónicas.
Este concentrador USB 2.0 funciona baixo Windows 2000/XP/Vista, Mac OS X e Linux, pesa 60 gramos, e se vende por 12 dólares (7,66 euros).

PUBLICIDADE