Con Gears of War: Ultimate Edition regalarán todos os tÃtulos da saga publicados para Xbox 360
luns, 3 de agosto do 2015
Os seareiros da franquÃa Gears
of War que dean o salto de Xbox 360 a Xbox One estarán contentos que saber
que se mercar a remasterización da súa primeira entrega, Gears
of War: Ultimate Edition, entre o 28 de agosto e o 31 de xullo, poderán
gozar sen custo adicional cos xogos Gears
of War, Gears of War 2, Gears of War 3 e Gears of
War: Judgement en formato descargable, pero sen mellora gráfica, xa que
serÃan as versións orixinais lanzadas inicialmente para Xbox 360, que agora
poderanse xogar grazas á retrocompatibilidade que vai incorporar en breve a
consola de Microsoft.
AÃnda que a nova edición do primeiro Gears
of War incorpore novas prestacións gráficas e algunha mellora xogable, gozar
ao resto de entregas da saga coa retrocompatibilidade da Xbox One poderÃa
compensar, xa que os tÃtulos contarán tamén con funcionalidades propias da
última consolas doméstica de Microsoft, como son a gravación de partidas, a
pantalla partida, a captura de pantalla e moitas outras cousas, conservado
incluso as partidas que se gardaran en Xbox 360, os engadidos, os logros e a
posibilidade de xogar en liña con independencia da consola que se teña diante.
Esta interesante promoción atende en boa medida á demanda rexistrada por parte
dos xogadores de volver xogar aos anteriores Gears of War na Xbox One, como indicaron na páxina
web que ten Microsoft para que os usuarios voten polos tÃtulos de 360 que antes
queren que cheguen a One mediante a retrocompatibilidade, e na que Gears of War 3 ten unha digna 7ª
posición con 54.404 votos.