ComunícaME pretende informar das bondades das redes sociais corporativas en só 90 minutos

luns, 2 de abril do 2012 Marcus Fernández

Tras o éxito das 3 edicións en Barcelona e Madrid da clase maxistral para directivos ComunícaME, o evento trasládase o vindeiro día 12 ao Auditorio da Fundación Barrié de la Maza en A Coruña grazas á Asociación de Empresarias de A Coruña (AECO). Con esta actividade de balde para directivos preténdese dar a coñecer aos profesionais o que precisan saber sobre redes sociais corporativas dun xeito práctico, exemplificando os beneficios das redes sociais internas nas empresas e a súa implantación efectiva a través dun caso de éxito.
Este evento, con prazas limitadas, estrutúrase en breves relatorios temáticos de expertos do sector que recollen en 90 minutos os contidos que detalla o seu programa:

9:45-10:00 - Recepción e benvida de Ana Isabel Ulloa Lobeiras, presidenta de AECO
10:00-10:15 - Redes Sociales Corporativas y Redes Sociales Privadas: Lluís Font, CEO y Fundador de Zyncro
10:15-10:30 - Activa a intelixencia colectiva da túa organización: Xavier Orozco, socio director xeral de IOR Consulting
10:30-10:40 - Xestión documental social e integrada: Do papel á nube: Manuel Rivas, director xeral de Nea
10:40-10:50 - Posibilidades de innovación, integración e mobilidade no teu ecosistema social de empresa: Luis Calvo Blanco, director xeral da consultora galega Comasis
10:50-11:00 - Como se crean e xestionan as comunidades empresariais: Patricia Fernández Carrelo, directora de marketing de Zyncro
11:00-11:15 - Un caso de éxito, Cetelem: Sonia Ruiz, Comunicación Corporativa de Cetelem
11:15-11:30 - Conclusións e preguntas: Ana Isabel Ulloa Lobeiras e Lluís Font
11:30-12:00 - Almorzo

PUBLICIDADE