Compostweets servirá de peche do ano para o social media galego

xoves, 11 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Parecía que o encontro sobre o sector do social media en Galicia que se celebraba cada ano en Santiago, Compostweets, non pasaría da súa terceira edición, xa que este ano non tivo lugar na súa data habitual (en primavera), pero os organizadores desta iniciativa non quixeron deixar morrela, e antes de rematar o ano anuncian que o vindeiro día 19 teremos un Compostweets 2014 no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, onde xa se celebrara a pasada edición.

Estamos ante un evento que busca ser un punto de encontro para os profesionais do mundos das redes sociais a nivel galego, no que terán lugar varios relatorios con vocación didáctica aos que seguirá unha sesión de elevator pitch para dar a coñecer algúns novos proxectos galegos. Recoméndase aos interesados en asistir que o comuniquen por correo electrónico á organización do evento.

O programa de Compostweets 2014 quedaría como segue:

JPEG - 149.9 KB
Javi Rocamora será un dos relatores da nova edición de Compostweets

10:00 – Apertura de instalacións, recepción de asistentes e convidados
10:30 – Compostweets 2014 Nadal en Rede
11:00 – Un Facebook divertido / O Facebook de Chus Alvite
11:30 - 12:00 – Café.
12:00 – O meu Twitter supérame. ¿Redes sociais? O meu sobriño encárgase de todo por Javier Rocamora
13:00 – Non vendo un pemento co meu e-commerce por Manuel Alonso
13:30 – Presentacións Elevator Pitch
14:00 – Xantar no Restaurante O Pajueleira (esta actividade terá un prezo de 10 euros)

PUBLICIDADE