Compostela Monumental aposta polas novas ferramentas para o formato e os contidos dos seus novos cursos
venres, 15 de xaneiro do 2021
A
Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA
Compostela Monumental vai levar a cabo ao longo de todo o ano 2021
cursos gratuítos para autónomos e traballadores na modalidade de
teleformación. Moitas destas actividades de capacitación e
adestramento profesional e empresarial serán actividades para facer
avanzar os coñecementos tecnolóxicos das persoas participantes (por
exemplo este mes, sen ir máis lonxe, están programados cursos de
Excel, de comercio electrónico e de blogs e redes sociais, entre
outros).
O
obxectivo do programa en xeral é “ir formando aos autónomos e aos
seus traballadores nun momento moi delicado por mor da COVID-19 e os
distintos peches perimetrais que ordenaron as distintas
administracións públicas”.
Deste
xeito, os cursos achegarán distintas temáticas de interese a varios
gremios e sectores comerciais e empresariais, a través dunha
modalidade cen por cen segura: a modalidade da teleformación, “para
evitar calquera tipo de risco de contaxio e ao mesmo tempo facilitar,
tanto ás persoas autónomas como aos seus traballadores unha fórmula
que lles permita adquirir os coñecementos que consideren oportunos e
dun modo compatíbel co seu quefacer cotián”.
Segundo
explica o presidente da entidade, José Manuel Bello, “pensamos que
nestes momentos é a aprendizaxe a distancia a través das novas
ferramentas de comunicación é a mellor alternativa que temos para
iniciar calquera acción formativa, mesmo aproveitando por desgraza
eses tempos mortos que estamos a ter por culpa do descenso de carga
de traballo ou afluencia de clientes”.
Para
apuntarnos aos distintos cursos, debemos facelo a través da
web de APE Galicia onde se poderá seleccionar o que se estime
oportuno. Para calquera tipo de dúbidas ou consultas está operativo
a conta de correo info@apegalicia.es ou chamando ao teléfono 986 891
657.
Tamén
están habilitados o teléfono 981.575919 e o e-mail
formacion@compostelamonumental.es.
Estes
son os cursos que se ofertan estes meses de xaneiro e febreiro:
·
Lei de Protección de Datos (LOPD)
·
Educación da voz e control da tensión na atención telefónica
·
Excel avanzado
·
Inglés empresarial
·
Técnicas de vendas telefónicas en telemarketing
·
Xestión comercial e de vendas en microempresas
·
Habilidades directivas e xestión de equipos
·
Fundamentos do plan de mercadotecnia en Internet
·
Control de queixas e reclamacións
·
Sistema de I+D+i e xestión da innovación
·
Estratexia e comunicación empresarial
·
Dirección por obxectivos e xestión do desempeño
·
Internet, redes sociais e dispositivos dixitais
·
Xestión do tempo
·
Estratexias de servizos: calidade e orientación ao cliente
·
Creación, programación e deseño de páxinas web
·
Xestión integral de pemes
·
Creación de blogs e redes sociais
·
Negocios online e comercio electrónico
·
Selección e formación do equipo comercial