Command & Conquer: Red Alert 3 - Uprising e Populous fornecen o The Humble Origin Bundle

xoves, 22 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Command & Conquer: Red Alert 3: Uprising é un completo xogo de estratexia que podemos descargar tanto de Origin como de Steam

O último Humble Bundle está a causar furor, non só porque Electronic Arts decidise ofertar a un prezo ridículo (os interesados poden pagar dende 1 dólar por varios xogos e menos de 5 dólares polo conxunto completo) un lote de títulos valorados nuns 215 dólares sen cobrar un can e destinando os máis de 8 millóns de dólares recadados ata o momento a fins solidarios, senón que agora fai aínda máis atractiva a compra incorporando un par de xogos adicionais á colección, que poden descargar tanto os que comprasen o lote previamente como quen o merque nos vindeiros 6 días.

Populous, editado en 1989, foi o primeiro simulador de deus

Entre os novos xogos incluídos no The Humble Origin Bundle temos, dispoñible tanto a través de Steam como de Origin, o recoñecido xogo de estratexia Command & Conquer: Red Alert 3 - Uprising, que agradecerán moitos usuarios, aínda que resulta bastante máis rechamante o outro título engadido, Populous, un clásico de 1989 considerado como o primeiro simulador de deus, e que podemos descargar a través de Origin para rememorar unha auténtica xoia dos videoxogos para PC (que saltaría despois a múltiples plataformas e que axudaría salientar a figura de Peter Molyneux como un dos desenvolvedores máis influentes do sector).

O Humble Origin Bundle convértese nun dos lotes máis forte dispoñible a través desta fórmula solidaria

PUBLICIDADE