Comezan as rebaixas previas ao Black Friday na tenda dixital de Xbox

venres, 18 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Como adiantamos hai uns días, as rebaixas na tenda dixital de Xbox como anticipo do Black Friday botaron a andar hoxe para os subscritores Gold, mentres que o resto de usuarios terán que agardar ao martes da semana que vén para poder gozar e importantes descontos en máis de 250 xogos de Xbox One e Xbox 360. Deste xeito dende hoxe podemos conseguir un aforro de até o 40% en Battlefield 1 e FIFA 17 para Xbox One, até un 30% de desconto en NBA 2K17, até un 35% de aforro en Forza Horizon 3, nas súas versións para Xbox One, mentres que en Xbox 360 teremos aforros de até o 50% en Red Dead Redemption, Call of Duty Black Ops e Skate 3 e até do 40% en Madden 17. Durante a fin de semana tamén incorporaranse ás ofertas grandes xogos como Call of Duty: Infinite Warfare, Skyrim Special Edition ou Fallout 4.
Tamén cómpre lembrar que moitos dos xogos de Xbox 360 (con prezos bastantes axustados agora que a consola está en proceso de desaparición do mercado) poden xogarse en Xbox One, e títulos como Gears of War 4, Forza Horizon 3 e ReCore son especialmente atractivos por estar dentro do programa Play Anywhere, de xeito que ao mercar a versión de Xbox One tamén poderemos xogar aos mesmos en PC sen custo adicional..

Vídeo co que anuncian as rebaixas de BlackFriday en Xbox

PUBLICIDADE