Comezan as Ofertas de Primavera de Xbox

martes, 11 de abril do 2017 Marcus Fernández

Dende hoxe e até o vindeiro día 17 a tenda dixital de Xbox celebra as súas Ofertas de Primavera, con aforros de até un 50% aos que pode sumarse un 10% de desconto adicional aos subscritores de Xbox LIVE Gold (os non subscritores poden gozar das vantaxes pagando só 1 euro por ter Gold durante 1 mes). Máis de 350 xogos e complementos de Xbox One e Xbox 360 gozan deste período de rebaixas, incluíndo grandes títulos como Battlefield 1, Call of Duty: Infinite Warfare, Titanfall 2, FIFA 17, Overwatch e For Honor, e máis de 35 xogos retrocompatibles.
Tamén é salientable o feito de que varios dos xogos incluídos na promoción están dentro do programa Xbox Play Anywhere (como Halo Wars 2, Forza Horizon 3, Gears of War 4 ou ReCore), ou sexa, que quen adquira a copia para Xbox One tamén poderá gozar do xogo en Windows 10.
Como exemplos destas rebaixas temos que Battlefield 1 pode adquirirse por 41,99 euros, FIFA 17 por 28 euros, Overwatch por 45,49 euros, Gears of War 4 por 32,49 euros, o pase de tempada de Batman – The Telltale Series por 12 euros, Mighty No. 9 por 8 euros, Deus Ex. Mankind Divided por 21 euros, Assetto Corsa por 25 euros, Dishonored 2 por 34 euros, Fallout 4 por 22,44 euros, Watch Dogs 2 por 35 euros, Assassin’s Creed Syndicate por 16 euros, Quantum Break por 26 euros ou ReCore por 19,99 euros, que sen ser rebaixas inéditas poden resultar moi interesantes para quen queira engordar a súa colección de xogos dixitais de cara aos vindeiros días festivos.

PUBLICIDADE