Comeza o I Campionato Nacional de Mario Kart

luns, 7 de novembro do 2011 Marcus Fernández

A poucas semanas do lanzamento do agardado xogo Mario Kart 7 para Nintendo 3DS, e para ir quecendo motores, hoxe bota a andar o I Campionato Nacional de Mario Kart, que repartirá máis de 3.000 euros en premios e parte dunha fase de clasificación (que remata o vindeiro día 18) na que os participantes deberán publicar no taboleiro de Facebook dun dos medios co organizadores (Meristation, Vandal, 3D Juegos, Anaitgames, Mundogamers, Juegosdb, Revogamers e Blogocio) un vídeo no que se supere unha marca establecida nun circuíto determinado do Mario Kart Wii, de xeito que os gañadores desta fase poderán formar equipo con redactores dos medios mencionados para participar nunha grande final que terá lugar o sábado 26 de novembro en Madrid, onde competirán usando o novo Mario Kart 7 para Nintendo 3DS, unha semana antes do seu lanzamento en España.
O equipo campión farase con 1.000 euros brutos por cada membro (redactor e lector), o 2º equipo clasificado recibirá 300 euros netos por membro e o terceiro equipo conseguirá 150 euros netos por cada membro. Todos os participantes nesta final tamén recibirán unha copia do novo Mario Kart 7.
As bases do concurso poden consultarse en formato PDF na páxina web de Nintendo.

Mario Kart celebra as súas 7 entregas cun campionato estatal que mestura as entregas desta franquía para Wii e Nintendo 3DS

PUBLICIDADE