Comeza a beta de Star Trek Online

xoves, 14 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Os afeccionados ao universo da serie de televisión Star Trek poden ampliar miras fronte a pantalla do seu ordenador grazas ao xogo Star Trek Online, que sairá á venda o vindeiro 5 de febreiro, pero que xa goza cunha versión de proba operativa ata o 26 de xaneiro (aínda que é preciso contar con invitación para acceder á mesma).
Pero a estrea desta beta do xogo vén acompañada dunha reivindicación dos potenciais usuarios españois do xogo, que están a recoller sinaturas na Rede para pedir a Cryptic Studios que traduza Star Trek Online ao español, posto que polo momento teñen previsto o seu lanzamento en inglés (pese a que tamén van a existir versión en francés e alemán).

Star Trek Online sará un título multixogador masivo

PUBLICIDADE