Colgante para a reprodución multimedia

martes, 2 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Tokyoflash, en colaboración cos seus seareiros, deseñou o Kisai Escape C, un colgante que integra un receptor de audio por Bluetooh e que inclúe teclas de control multimedia, de xeito que serviría para escoitar música dende un reprodutor multimedia, un ordenador ou un móbil, con só 15 gramos de peso, e que podemos utilizar comodamente pendurado do pescozo ou dentro do peto da camisa.
O Kisai Escape C tamén pode conectarse a un teléfono móbil para facer de sistema de mans libres, a un PC ou Mac para facer uso de aplicacións VoIP ou a un reprodutor multimedia con Bluetooth para poder utilizalo ata a 10 metros de distancia e durante ata 6 horas que dura a súa batería integrada e recargable de 200 mAh a través de USB (e que soporta ata 180 horas en espera).
O dispositivo conta con auricular estándar e sairá á venda este mesmo trimestre por un prezo que estaría entre os 150 e os 180 dólares (107,39 e 128,89 euros respectivamente).

PUBLICIDADE