CoD: Black Ops</Em> para PC poderá xogarse en servidores dedicados de pagamento

martes, 14 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Que o xogo Call of Duty: Modern Warfare 2 impedise a posibilidade de xogar en liña con servidores dedicados molestou a moitos usuarios de PC, pero con Call of Duty: Black Ops queren evitar volver caer en tal erro aínda que a solución que atoparon dende Treyarch podería non satisfacer a todos, pois consiste na contratación de servidores por 11,95 euros/mes para albergar partidas con rangos de ata 18 xogadores, ou 0,79 euros/mes por usuario para servidores sen rango (cun máximo de 24 por partida).
Entre as vantaxes da contratación de servidores dedicados para as partidas están os típicos servizos de administración que permiten botar fóra a xogadores molestos ou expulsalos definitivamente, xunto con outras funcionalidades de configuración das partidas.
Dende Treyarch insisten en que seguirá sendo posible xogar de balde contra os servidores da compañía, polo que o pagamento por servidores dedicados sería algo destinado só a grupos de usuarios que queren un maior control sobre o xogo.

PUBLICIDADE