Classora estrea aplicación para Facebook
xoves, 7 de abril do 2011
Unha das funcionalidades
que máis éxito popular está a ter da base de coñecemento Classora son os seus rankings, que permiten crear listaxes
abertas á participación, o que agora xa non quedará pechado á súa plataforma
web pois veñen de estrear a aplicación
para Facebook chamada Classora Social Rankings, de xeito que pódese
participar desta ferramenta sen ter que saÃr da plataforma creada por Mark
Zuckerberg.
A aplicación de Facebook permite pasar un bo rato votando enquisas ou
descubrindo as opinións dos amigos sobre un tema determinado, pero tamén pode
empregarse para crear auténticos estudos de opinión sobre temas de interese,
aproveitando as sinerxÃas entre a viralidade de Facebook e o atractivo dos rankings sociais.
Esta
novidade de Classora está integrada nun proxecto máis amplo que busca crear
un conxunto de programas cliente que faciliten o acceso á base de coñecemento
desta plataforma desenvolvida en Galicia dende diferentes soportes e
dispositivos, ofrecendo funcionalidades concretas en cada caso.