CityVille terá versión para iOS

xoves, 16 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Zynga anunciou que en breve vai lanzar para iOS o xogo CityVille Hometown, que será unha versión reducida do popular CityVille que teñen en Facebook, e que será o primeiro xogo móbil da compañía que chegue tamén en francés, italiano, alemán e español. O xogo chegará esta semana ás versións norteamericanas da App Store, para estar dispoñible para o resto do mundo totalmente de balde nas vindeiras semanas.
CityVille Hometown é un xogo totalmente novo, que en vez de centrarse en grandes cidades, enfócase a unha pequena vila, pero conservando detalles sociais como poder convidar a amigos á nosa veciñanza. Este xogo móbil tamén dará acceso aos amigos de Facebook que usen CityVille, permitindo establecer conexións cos amigos sobre a marcha, para construír e personalizar as súas vilas e compartir recursos.

O xogo facilitará a conexión cos amigos de Facebook que xogan a CityVille
CityVille Hometown traslada a experiencia do CityVille de Facebook a unha vila pequena

PUBLICIDADE