Cinesa loita contra o streaming cunha tarifa plana

mércores, 22 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Non é ningunha sorpresa que a afluencia ás salas de cine leva bastantes anos caendo, e actualmente están lonxe de recuperar o número de espectadores previos á pandemia, e entre as medidas para paliar a situación Cinesa anuncia que a partir do mes de abril comercializará a Unlimited Card, un programa de subscrición que permitirá o acceso a todas as películas sen límite de pases, cun prezo que parte dos 15,90 euros/mes e que podemos ver como unha alternativa presencial ás plataformas de streaming que mudaron tanto os hábitos de consumo audiovisual.
Lembremos que Cinesa ten salas na Coruña e Santiago de Compostela, e os consumidores que galegos que queiran beneficiarse da súa tarifa plana poden optar por pagar 15,90 euros/mes ou tirar proveito da promoción dispoñible para a subscrición anual por só 149 euros.
A Unlimited Card tamén ofrece descontos no Menú Clásico do bar das salas de cine, convites para pases especiais e outras vantaxes exclusivas. Existe unha versión deste programa lixeiramente máis cara, pero é específica para salas LUXE, que non están dispoñibles en Galicia.

PUBLICIDADE